Os Nosos Peludos
Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖
Podes gardar os teus peludos favoritos premendo no botón do corazón en cada ficha. Logo podes velos todos xuntos na túa lista de favoritos.

Andrea
Idade: 0.9
Sexo: Femia
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Esta beleza de panteriña chámase Andrea! Ten só 9 mesiños e xa está preparada para atopar unha familia responsable de adopción. É unha gatiña moi cariñosa, agarimosa e sociable con outros gatos. Encántalle durmir no colo, recibir atención e mimos, e compartir espazos con outros felinos, polo que é perfecta para un fogar onde xa haxa máis gatos. Está testada (negativa a inmunodeficiencia e leucemia), vacinada, desparasitada e pronto será esterilizada. É unha compañeira ideal para quen queira un corazón felino cheo de tenrura e bo carácter.

Apolo
Idade: 2
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Cruce de Mastin
Estado: en adopción
Historia
Apolo é un cruce de mastín atigrado cun pelaxe máis longo do habitual. Ten arredor de 2 aniños, pesa uns 40 kg e ten un carácter tranquilo e moi agarimoso. Está castrado, vacinado e desparasitado, listo para conquistar un novo fogar definitivo. Un compañeiro xigante de corazón doce que merece unha familia á súa altura.

Claudio
Idade: 5
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Grifón
Estado: en adopción
Historia
Claudio é outro dos nosos guapísimos que segue agardando por unha familia responsable e con moito amor para dar! É moi cariñoso, sociable e xoguetón, un compañeiro perfecto que está listo para comezar unha nova vida ao teu carón. Ten arredor de 5 aniños, está castrado e vacinado, e con moitas ganas de dar e recibir agarimo. Se cres que podes darlle o fogar definitivo que merece, cubre o noso cuestionario previo de adopción e ven coñecelo. Claudio está preparado... faltas ti! ❤️👇

Lobito
Idade: 1.5
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Mestizo Mastin
Estado: en adopción
Historia
Lobito ten só 15 meses. O seu humano faleceu, e a familia di que non pode facerse cargo. Un caso máis de herdanza que non inclúe empatía. Probablemente veu dunha desas casas onde segue viva a idea neandertal de que castrar é antinatural, sen pensar no benestar real do animal. Segundo contan, Lobito lévase ben con outros cans e con gatos, pero sabemos que agora mesmo está desorientado, triste e botando de menos á súa persoa. É un cruce de mastín, está vacinado é castrado Busca unha familia que o coide de verdade. Para sempre. Non é un peluche… aínda que algún día o foi para alguén. E por iso merece exactamente os mesmos dereitos —ou máis— que calquera cachorro de portada.

Scarlett
Idade: 0.5
Sexo: Femia
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en acollida
Historia
Actualización: En acollida pre adoptiva Testada (negativo), vacinada, desparasitada Carácter: Cariñosa, ronroneadora, tranquila e moi doce Comportamento: Ideal para primeira adopción. Adaptada á convivencia con humanos. Scarlet apareceu soa nun campo de Carballo, chea de parásitos e fame. Pasou por veterinario, ingresada e en tratamento, e agora está lista para atopar o seu fogar definitivo. Se buscas unha gatiña agarimosa, tranquila e chea de amor, Scarlet é perfecta para ti. Escríbenos e organizamos unha visita para coñecela.

Muiño
Idade: 2
Sexo: Macho
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Este rapaz tan guapo chámase Muiño. Abandonar un animal é sempre un acto cruel. Pero a gravidade dese acto medímola polas circunstancias… e o de Muiño foi especialmente duro: deixárono diante dunha casa onde viven cans que non toleran gatos. A súa sorte foi a reixa que os separaba. Muiño ten un carácter espectacular: é sociable con persoas e con outros gatos, xogador, traste e simpático coma el só. Está castrado, vacinado, desparasitado e testado negativo a leucemia e inmunodeficiencia felina. Calculamos que ten entre 2 e 3 aniños. E por se fose pouco… non lle ten medo aos cans, ao contrario: achégase con curiosidade e cordialidade. --- Por que adoptar un gato adulto? Porque xa coñecemos o seu carácter, o seu estado de saúde e, malia o que moita xente pensa, adáptanse moi ben ao seu novo fogar. Se estás buscando un compañeiro perfecto, Muiño é o teu gatiño ideal. Estamos en Carballo. Escríbenos e coordinamos unha visita para que o coñezas!
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- Seguinte ›