¿Por que o abandono non é un ‘problema de tempada’? Verdades incómodas
1. “É que en vacacións non podo levalo…”
A excusa máis repetida. Pero os animais non son maletas que deixas no almacén ata que volvas. Se unha persoa ou familia non planea incluír o seu animal nos plans a longo prazo, xa hai un fallo de base. O abandono non xorde no momento de deixar ó can na estrada, senón cando se compra ou adopta sen reflexionar nin comprometerse.
2. Os datos que non se ven (ou non se queren ver)
- En Galicia, máis de 6.000 animais foron recollidos só no 2023 (fonte: ARCA Santiago).
- Os refuxios están colapsados en inverno: gatos vellos, cans enfermos, animais con “problemas de comportamento” que, en realidade, son vítimas da falta de educación e estímulos.
No Refuxio de Animais de Mougá (Ferrol), en 2023 acolléronse 882 animais (321 cans e 411 gatos), e xestionáronse 332 adopcións. A estancia media foi inferior a 180 días (fonte).
3. “Pero eu coideino ben…”
Hai quen pensa que deixar un animal nunha caixa diante dun refuxio é “responsable”. Mentira. Un abandono é sempre traumático, mesmo se “o deixas onde o van axudar”.
A solución pasa por microchip obrigatorio, esterilización masiva e penalizacións reais. Actualmente, as multas por abandono en España poden ser de apenas 500 €, o cal é ridículo fronte ao custo real que as protectoras deben asumir.
4. O mito da “segunda oportunidade”
Moitos crían que os animais abandonados son adoptados rápido. A realidade? Os adultos, negros ou con enfermidades crónicas poden pasar anos nun boxe, ou ser sacrificados por falta de espazo (en comunidades onde aínda se permite).
E cada camada indeseada que nace rouba esa oportunidade a quen xa espera. Hai protectoras con listas de agarda para adopción, mentres se seguen regalando cachorros pola web como se fosen móbiles usados.
5. Que podemos facer?
- Educar sen estigmas: Non basta con xuizar, hai que explicar alternativas reais (pensións económicas, acollida temporal, redes veciñais).
- Apoiar ás protectoras: Non só con doazóns. Voluntariado, transporte, difusión… O silencio é cómplice.
- Presionar politicamente: Esixir leis galegas que protexan efectivamente os animais e mecanismos para que se cumpran. Unha Lei de Benestar Animal sen orzamento nin sancións non serve de nada.
Que podes facer hoxe?
- Comparte este artigo con 3 persoas que coñezas.
- Pregunta á protectora máis próxima que necesita: penso, mantas, tempo, difusión?
- Escribe ao teu concello para reclamar campañas e cumprimento da Lei de Benestar Animal.