Caso Urxente: Gato Busca Fogar

Caso Urxente: Este gato precisa fogar!

Esta preciosidade xa leva un abandono ás costas… con só un ano de vida.

Levouno a súa familia ao veterinario porque non ouriñaba: tiña cálculos na uretra. Quedou ingresado, e cando comezaba a recuperarse… pediron a alta voluntaria para deixalo nunha protectora.

Finalmente foi cedido ao veterinario e agora precisa un fogar URXENTEMENTE. O estrés da clínica ou dunha protectora podería facerlle recaer.

É un gato marabilloso, súper agarimoso e bo. A súa saúde é boa, pero pode volver ter cálculos, polo que sería recomendable facerlle revisións veterinarias periódicas.

Está en Coruña. Axudámosche a contactar se estás interesadx en darlle unha segunda oportunidade.

“Un fogar pode salvar unha vida. Este minino só precisa unha oportunidade.”
Gato urxente en adopción Gato abandonado precisa fogar
Únete a Teaming Doar con PayPal
IBAN:
ES66 2100 6235 9801 0023 9342

Deixa un comentario