O noso Mercado Solidario en Instagram

O noso Mercado Solidario en acción!

O noso pequeno pero loitador Mercado Solidario está no corazón de Carballo, pero tamén latexa en redes grazas a xente coma ti. Esta semana, tivemos unha marabillosa sorpresa: unha conta de moda en Instagram compartiu un reel precioso sobre o noso proxecto!

Grazas pola visibilidade! Cada mención, cada publicación, cada visita… axuda a que máis persoas coñezan a nosa labor e aos peludiños que coidamos con tanto agarimo.

Visítanos en Carballo!

Podes atoparnos na Rúa Sol 23, con roupa, libros, accesorios e moito máis. Todo doado por persoas solidarias, e todos os beneficios para axudar aos nosos peludiños.

Preguntas frecuentes

¿Que tipo de artigos podo doar ao mercado?

Roupa en bo estado, libros, complementos, artigos de fogar ou decoración… Todo o que poida ter unha segunda vida e estea en boas condicións.

Onde van os cartos recadados?

Destínanse integramente ao coidado dos nosos animais: alimentación, vacinas, operacións, tratamentos veterinarios e máis.

Teño que ser voluntari@ para axudar?

Non é obrigatorio, pero sempre agradecemos mans amigas! Podes axudar doando, difundindo ou visitando a nosa tenda solidaria.

Poden participar empresas ou comercios?

Por suposto! Calquera colaboración é benvida: doazóns, campañas conxuntas, difusión… Póñase en contacto connosco!

Máis información sobre o noso mercado

Queres saber máis sobre como funciona o noso mercado solidario, que facemos cos fondos recadados ou como colaborar?

Visita o noso artigo completo:

Ir ao artigo do Mercado Solidario
Únete a Teaming Doar con PayPal
IBAN:
ES66 2100 6235 9801 0023 9342

Copiado!

Deixa un comentario