Os Nosos Peludos
Todos estes animais están buscando un fogar. Se queres adoptar, ponte en contacto connosco e daráslles unha segunda oportunidade! 💖
Podes gardar os teus peludos favoritos premendo no botón do corazón en cada ficha. Logo podes velos todos xuntos na túa lista de favoritos.

Paco
Idade: 8
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Mix
Estado: en acollida
Historia
A Paco atopouno Eva e chamou para avisarnos. Estaba moi delgado, sen chip, con marcas no pescozo e cun anaco de cadea que contaba todo: o seu pasado foi vivir encadeado. É un canciño obediente, agarimoso e moi dependente das persoas. Encántanlle os mimiños e corre libre con alegría, aínda que tamén é tranquilo e moi dócil. As veterinarias calculan que ten uns 7-8 anos, aínda que quizais algún máis, porque as cataratas xa comezan a notarse. Está vacinado e esta semana será castrado. Buscamos para el unha adopción ou unha acollida indefinida antes de que perda por completo a visión. Son 13 quilos de amor que merecen unha xubilación digna.

Toddy
Idade: 7
Sexo: Macho
Especie: Can
Raza: Mix
Estado: en adopción
Historia
Chegou a nós xunto a dous compañeiros, todos con sarna e sinais de abandono. Toddy, ademais, tiña unha antiga rotura na cadeira, posiblemente por un golpe dun coche. Agora está curado, é agarimoso e obediente, e só quere esquecer o pasado e atopar un fogar onde sentirse seguro e querido

Curly
Idade: 2
Sexo: Macho
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Curly ten 2 anos aproximadamente. Está testado, vacinado e castrado. É tranquilo, cariñoso e sociable con outros gatos. Tamén se adapta a cans con boas presentacións.

Faba
Idade: 2
Sexo: Femia
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Faba, 2 anos. Castrada, vacinada e testada. É unha gata algo tímida ao principio, pero cando colla confianza é moi cariñosa. Tranquila, doce e discreta, ideal para un fogar que respecte o seu ritmo e lle dea moito amor.

Mia
Idade: 0.8
Sexo: Femia
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Mía, gata de 8 meses en adopción en Carballo (A Coruña). Castrada, vacinada e testada. É moi agarimosa e busca unha segunda oportunidade tras ser abandonada pola súa antiga familia.

Violeta
Idade: 1.5
Sexo: Femia
Especie: Gato
Raza: Gato Común
Estado: en adopción
Historia
Violeta, 1 ano e medio. Castrada, vacinada, testada… Lista para atopar fogar! É unha gata moi cariñosa e lévase ben con outros gatos, sempre que a deixen mandar, claro! Reinita da casa asegurada.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- Seguinte ›